sexta-feira, junho 30, 2006



Hoxe no Gatos de Melide, actuación do
grupo rock herculino, DASK. Podedes escoitar algun dos seus temas en Myspace.
E o vindeiro venres coincidindo co inicio do , Festival de Ortigueira chegaran a Melide,Mallory, o grupo de Ribadeo, que despois de sacar dous discos coa discográfica de Madrid, Avispa, voltan a area cun homenaxe a mítica banda irlandesa Thin Lizzy, liderada polo malogrado Phil Lynott. Entre outros temas os mais coñecidos son: "Whiskey on the jar" -metallica eran grandes fans deles-, "Boys are back in town", "Wild one" ou "Sarah".

quarta-feira, junho 28, 2006



Hoxe 28 de Xuño de 2006, cumplinse 70 anos do día da votación do Primeiro Estatuo de Autonomía para Galicia. Este estatuto tería pouco tempo de vida xa que o 18 de Xullo do mesmo ano parece ser que unhos militares descontentos coa república existente levantarónse en armas contra ela. Foi efimero, do San Pedro ó Carme.
Hoxe disfrutamos dun, que foi votado nos primeiros oitenta e andamos xa ás voltas para facer outro. Se queredes mais información desta data histórica e de moitas mais cousas, Vieiros é un bo site.
E hoxe en Lugo vai debutar a Selección Galega masculina de Básquet, perante o Xapón, organizador do próximo mundial da categoría que tamén vai retransmitir a Sexta (tiqui-taca).
Mañá as rapazas enfrontáranse a escuadra nipona nas Travesas en Vigo (Po).
No combinado de homes a gran ausencia vai ser a estrela Fran Vázquez, por motivos persoais (sae dunha lesión e cásase o sabado en Málaga). Botaráse de menos o de Chantada, aínda que no parquet lucense estarán, Antelo -promesa do R.Madrid (de Noia), Esmorís (histórico da ACB) de Carballo, Koke Rama (picheleiro, curtido na Leb)etc etc; antes deles xogaran os mais veteranos (Romay, Manel Sánchez, Manolito Aller, Indio Díaz, Aldrey ...) contra un combinado nacional (Villacampa, Orenga, Antunez...), case apetece mais este encontro que o outro.
Mais info en Gz deportiva


Menos mal que nos queda portugal.

O vindeiro Sabado as 17.00 h, Portugal-Inglaterra, agardemos que a escuadra lusa poida cos "pross", aínda que a equipa esta moi mermada despois do esforzo físico e psiquico feito no último partido Vs Holanda.

Ah, os grandes xogadores soen elixir eles a retiradas, non os retira ningúen, craso error. O arxelino aínda ten algo de fútbol.

segunda-feira, junho 26, 2006


Se nesta findesemán se daba pistoletazo de saída o vrau, non poido ser de millor xeito.
O venres a xa tradicional churrascada na área recreativa do Río Furelos, a que xa levamos acudindo unhos cuantos anos, honramos a noite mítica e máxica do SanXoán, a unhos poucos metros nosa no Ruzo, a peña do 13 facia outro tanto do mesmo con banda sonora incluída, si, os mismisímos Porka Miseria amemizaban a festa, coido que aínda deben estar tocando, jajja, vaia maratón meus.
O sabado e o domingo tamén tivo lugar a Feira de Mostras do Interior de Galicia, no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide. Nova no Correo.
E o sabado a noite os astros conxugáronse para dar forma a un dos mellores directos dos últimos anos no Pub Gatos.
O concerto sorpresa que con tanto tino nos tiña agachado Nani resultou ser un "ensaio do directo do verán" dos non menos míticos e máxicos, os putos Ruxe Ruxe.
Se non me credes, estiverades alí e disfrutarades como o fixo o numeroso público que ali se congregou. Digamos que a xente foi "in crescendo" a medida que os Ruxe repasaban o reprertorio para esta tempada estival.
Coma toda boa descarga, a historia escomenzou cun pouquiño de retraso sobre a hora prevista, seguramente as boas viandas e os pratos típicos de Melide levarán a culpa.
Temas míticos da banda mesturábanse con novas composicións, que formarán parte do vindeiro disco, "Comercial", poñendo a guinda a dez anos coma combo(como pasa o tempo, meus.)
Sexto de Vilantime e alma máter do San queremos, ó meu lado, díciame que botaba en falla o violin de Xulio Zé mais o acordeón. Pero coincidíamos os dous en que agora as 22 cordas, (18 de guitarras eléctricas e 4 de bass-drum) bouraban quenindiola, apostando un pouquiño mais polo rockandroll sen deixar de embaucarnos coa marabillosa gaita de Xaco Barona e o vento de Xan.
Jimmy Güey e Zapa en boísima forma, non sei se firmarían un pacto co diaño no cruce de Aríns-San Lázaro, o certo é que asinaban con notas de raiba no libro de ouro do Gatos.
Ese baixo, correctísimo en todo momento, e a nova batería (quinto concerto no Gatos xa do batera, antes veu con Rever e outras bandas) poñían o ritmo adecuado en cada peza, o homiño das baquetas estaba reventado ó final do bolo, que mellor exemplo para demostrarvos que os Ruxe o deron todo neste íntimo e fraternal concerto.
Pero que serían os Ruxes sen o poeta de Aríns, o home que ten que escoller entre oitenta composicións propias, e deixar prendido ó carón do Bar Victor o tremendo Lobicán, deixar acougar os frailes, Sesto non poido ser pero para os Botes son testemuña de que a tocarán, sin os seus bailes.
O Vituco, exemplo de actitude, aptitude, coherencia, autenticidade, xenuinidade, enxebreza, cercanía, e creatividade, confesábanos ó remate que disfrutara coma nunca nas táboas do "garito mais auténtico da Galiza".
Se eles o pasaron ben, os que estabamos en fronte aínda mais, sudamos os sete sudares, saltamos,berramos,anícamonos, bailamos, e en definitiva disfrutamos coa catarse ruxeliana nun sabado dunha noite de xuño, antesala do verán que se nos avecina.
¿Quen dixo que o rock estaba morto?, seguramente o que o dixo si está morto, pero de medo a que lle vaian ó lombo por non estar este sábado no feudo Nanista.
Nunca pensei que duas horas e media podían pasar tan axiña, pero pasaron. Seguramente o esprito de Joe Strummer rondou a esquina das Ruas Galicia e Pardo Bazán de Melide esa noite. Porque os Ruxes sonche así meu, puro disfrute enriba dun escenario co fin único do goce da platea e deles mesmos.

A descarga que preparon para este vrau, é sen dúbida brutal e maxistral, un descenso os infernos da música sen acougo e sen descansos entre cancións. Distorsión e dinamismo nas eléctricas e paixón e virtuosismo nos ventos do país.
Se as cousas non se entortan moito, case me atrevo a dicir que estarán este ano no 60ª edición da nosa festa mais querida, O San Caralampio, pero antes podédelos ver pretiño da nosa vila, nos Botes de Arzúa e no Festival de Pardiñas-Guitirirz (Lugo). Non che han defraudar. Son os putos Ruxe-Ruxe, dende Aríns ou dende Millí para o mundo mundial. Sorte meus, e dez mil primaveras mais para o rock galego.

sexta-feira, junho 23, 2006


Supoño que xa se podera dicir ao desvelalo Nani no foro da sua web,Pub Gatos. Ruxe Ruxe veñen fetexar o seu décimo ano de ruta connosco. Mañá, sabado 24, a partires das 00.30, teremos á oportunidade case en primicia de descubrri os novos temas do seu último traballo, Comerical.
Se hoxe, San Xoan, será a noite mais curta do ano, mañán pode ser a mais longa, jaja, non falledes a este detallazo que os de Aríns teñen con Melide, vila a que queren moito e na que xa estieron mais veces.
Na sua web podedes ver algún dos concertos confirmados que teñen para este verán, o de mañán non sae porque seica era unha sorpresa -leédeme esto baixiño, eh-,pero si saen festivais miticos, nos que estarán como o de Pardiñas, en Guitiriz, ou os Botes de Arzúa. Longa vida os Ruxes.
Noutra orde de cousas, este findesemán tamén se celebra a Feira de Mostras do Interior de Galicia no recinto da antiga-feira ou Pazo de Congresos, as actividades mais destacadas poderían ser: Circuito de Scalextri xigante, aeromodelismo, stands, Desfile de Moda -presentado por Beatriz Manjón (a ver si non lle colle o frio) e coa participación estelar de Miguel Castro, Top-Paradela (Toques)-etc. Mais información na páxina do Concello.
Veña, pasadeo ben no San Xoán, e como dirian os de Ourense, lumeeeeeeeee

quinta-feira, junho 22, 2006


É de todos coñecido que os Arxentinos son uns dos mellores publicistas do mundo, se a isto lle sumamos o Mundial de Fútbol, imaxínadevos que mestura tan apaixoante; aqui vos deixo unhos enlaces de spots co gallo da Copa do Mundo de Alemania.
Cti movil, hagánlo por todos los que no llegamos
Pepsi,el baile
Diario Olé,argentinos bien argentinos
Multicanal, todas las emociones
Quilmes, patrocinador Selección
Coca-cola, aguante Argentina
Se en Arxentina as Barras Bravas póboan as gradas dos estadios, en Brasil a Torcida tá na Galera.:
Joga TV
Nike, apoio a Ronaldo


Xa vos irei poñendo mais videos, pero é que hoxe cumprinse vinte anos daquela tarde no estadio Azteca....


Maradona, quentando co "Life is life" de Opus de fondo en Napoli

segunda-feira, junho 19, 2006


PORKA MISERIA, NA REDE¡¡¡¡¡
Xa mo comentaran o outro día, e hoxe mandóume un emilio Miki coa dirección completa.
Unha grata sorpresa. Xente de Melide: Barral, Rubio, Sindo, Juanjo e Chueka, armando boa música,cun proxeto moi bonito que esperemos teña todo o apoio que se merece.
Melodias de Combate, vai ser o titulo da ópera prima destes músicos novos pero con moita tradicción e experiencia no eido da música independente.
Punk, ska, boas letras e actitude son alguns dos argumentos desta nova proposta cultural. Sen dúbida ó escoitalos un acórdase doutros grupos que tamén o intentaron no panaroma da música melidá, Cero en Conducta -nos 80-, Kuarto Barreno e TNT-nos 90- e Chumbaí -mais na movida folk no 2000-. Que teñan toda a sorte que lles poido faltar ó resto e que sigan dicindo as cousas como as pensan, está claro que a néboa do Furelos, perto do seu local de ensaio, failles ter os pés no chao e as ideas moi clariñas. "Mexan por nos", semella ser o single-relacións UE con Galicia, aínda que o resto de temas teñen moita forza :"Porka miseria", o drama da inmigración, "Mundo de cristal", a hipocresia da sociedade e por último "Y el mundo kalla" onde denuncian o pasotismo da sociedade occidental no conflicto entre xudeus e palestinos.
Se queredes escoitalos só tedes que premer aqui: Porka miseria.

domingo, junho 18, 2006

Xa estan en Youtube, os dous primeiros videos das duas primeiras intervencións no Luar de dous dos candidatos a canción do verán, un concurso organizado pola Radio Galega, programa Extraradio(emitese os sabados e os domingos pola mañán, un magazine novo moi recomendable) e o xa mítico e decano portal Vieiros. Potemkin con xente histórica da música galega e Marquinhos Drinkin foron os primeiros, aqui tedes as mostras, se queredes votar por eles ou por outros a páxina é apologhit.vieiros.com, veña Apologhitttttttt;

quarta-feira, junho 14, 2006



Non, non é a Copa do Mundo, pero igual ten tanto ou mais valor para os rapaces que a conqueriron fai poucas luas no concello veciño de Touro. A poucas horas do debut da Selección, contovos que Melide foi o gran triunfador dese Intermunicipal disputado a pasada fin de semán. Benxamin 2º, alevin 4º , infantil 1º, feminino 2º, cadete 1º. Dous titutlos, dous subcampeonatos e un cuarto posto. Sic,Concello de Melide
Noraboa a rapazada.
Aqui vos deixo un link sobre a pedagoxía e filantropía de Manolo do Bombo(a ver se llo deixan meter no estadio), axundando os sufridos Polacos. Dálle ahi

terça-feira, junho 13, 2006


SANTIAGO ROUCO E FESTA DE SAN ANTÓN
Primeiro de todo, que estou sentindo os foguetes, hoxe 13 de Xuño, festa do San Antón en Melide, misas e demais e actución de grupo de Gaitas do País e a noite a Orquesta Principal de Pontevedra, empeza o vrau empezan as festas meus. Está xa ten a súa historia, e aínda que non é das mais grandes ten o seu aquel é esta organizada polos coñecidos Antonios, De Mánximino e Do Forno. Polos nomes parecen dous xogadores de Boca Juniors e do Corinthians.
Segundo,para os que flipastes con Edilbeto Alonso o emigrante de Curtis, o panorama-freak galego non estaría completo sin outro baluarte de auténtica excepcíon, trátase do mítico Santiago Rouco, moitos de vos seguro que xa o coñecedes por aquel tema que sonaba moito en Gomaespuma, "Oye niña". A min a súa voz recordáme moitísimo, e que non se me enfade, a Barullo "Ruído" -o Fiti de Melide e o organizador do Skaralampio, cando interpreta ós catro ventos temas como "Jalisco, no te rajes", "Guadalajara", "Ni mas, ni menos", "Una paloma blanca" etc e composicións propias coma aquela versión de "La fiesta de Blas" de Fórmula V, transformada en "En el Entra y Verás" -local de culto en Furelos rexentado antergamente por Josefa e Paquillo e agora xestionado polo bigote máxico de "Carrilo"-, a letra di así: "En el Entra y Verás, hey, en el Enra y Verás, hey, todo el mundo salía con unas cuantas copas de más...."
Bueno pois eso que no tema de frikis, próximamente subirei algun tema del grabado ó pe da rua, e a ver quen o mais poderoso de momento conformadevos con escoitar a S.Rouco, prémede aquí e se queredes ver un video caseiro del aqui, tamén podedes visitar as seguintes webes;A regueifae Visicitud y sordidez para mais información.
E terceiro,seguro que xa vistedes por ahi que se estreaba un programa novo na TVG presentado por Carlos Blanco, "Somos unha potenZia" tedes mais datos na páxina de Marcus.

sexta-feira, junho 09, 2006

HAI CANTEIRA¡¡¡¡Este fin de semana en Touro,sabado 10 e domingo 11 de Xuño disputaráse na devandita vila, coido como ben sendo habitual nos últimos anos, o Intermunicipal de Fútbol Sala.
Infórmanos Tonecho, cordinador deportivo do Concello, que Melide foi o único concello que fixo pleno e disputará a fase final en tódalas categorías(Pre-benxamin, benxamin, alevís, infantís e cadetes, creo que é asi), desexámoslle moita sorte a nosa canteira, que compitan ben e que se vaian formando cada día un pouquiño mais na vida, que sodes o futuro meus. Ademais hai un doble duelo, con sabor a derby, versus o noso eterno rival, o sabado ás 13.00, Melide-Arzúa en infantís; e ás 20.30 en cadetes. O dito sorte e deíxovos un enlace á paxina das Escolas Deporivas de Arzúa que falan un pouco do tema.

Seguindo coas historias que circulan polos móbiles, por petición popular dende a outra cara do Bocelo, Sobrado dos Monxes, aqui vos deixo a ligazón para escoitar a reacción dun home despois de ser chamado por Gayoso, no mítico concurso do tfno no maratoniano programa da TVG, xa perdin os anos que leva en pantalla, chamado Luar.
Luareiros e luareiras, prémedelle aqui.

quinta-feira, junho 08, 2006


A Radio Galega e o portal histórico, xa van dez anos, Vieiros, poñen en marcha Apologhit, unha iniciativa para buscar a canción do verán en Galicia, tes que entrar e votar pola que mais che guste, ou se eres un artista, facer a tua propia e mandarlla. De momento van gañando os vigueses de Transilvanians, ex-membros de Siniestro, Frango etc etc, vai seguido por Marquinhos Drinkin, o cantautor do Iogur de fresa.
Duas pezas moi boas, a min gustame moito tamén a dos Potemkin dende o Rosal.
Xa sabedes a votar a canción do verán, en A-polo-ghit.

Nani, do Pub Gatos, faivos unha gato-consulta no Foro da sua páxina web. Ó asunto é que ten que facer unha reforma no devandito pub e moi democráticamente pidevos a vosa opinión, eu rogaríalle a Miguelito do 600 que se reservará, porque se lle falas a Michael de reformas...jajja, veña, pinchade aqui e a opinar que é de balde.

segunda-feira, junho 05, 2006

Seguindo co das movidas dos móbiles e o de baixarse o santoral, Sabíades que O.Bin Laden fala en galego....

quinta-feira, junho 01, 2006

Sin palabras, pinchade aqui e escoitade o poder do hormigón.... Nas estrellas

A páxina de Marcus é moito, este corte de audio xa andaba circulando polos mobiles a outra semana, e eu a verdade que non me atrevin a poñelo, pero agora non teño disculpas, noraboa Marcus por estar en todo.
Xa podemos ver A Sexta en Melide¡¡¡, polo tanto o Mundial, e entre outras couas os mércores a espléndida serie da HBO, Los Soprano, unha serie de culto que vos recomendo, en España botaronse cinco tempadas en C+, mais editáronse tamén en pack DVD, e agora estréase a sexta en EEUU.
Abaixo deixovos un video que non ten desperdicio, non vos comento nada.


Mañá Lamatumbá no Burgo en Culleredo, A cultura circula.
Remata o periplo da Cultura Circula, despois de percorrer varias vilas e cidades tanto do sul coma do norte de Galicia, as duas carpas xuntanse no Burgo para o peche de festa. RINÔCÉRÔSE + US3 + NON RESIDENTZ + LAMATUMBÁ + GALEGOZ, son os grupos que estarán mañá Venres pola noite, o mais destacado do sabado 3 de xuño, pode ser O Teatro Tentacular, dos Chévere, con Pista Catro, Banda Baliza, Ugía Pedreira, Luís Tosar e César Goldi como Os Mágical Brothers, Clara Gayo, Merchita Prendida, Raquel Stress e Carlos Meixide como O Sobrado de Abadín. Se queredes mais información premede na ligazón da
Cultura Circula.
Deixovos tamén un video da actuación de Lamatumbá, no MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Unión Penosa) o pasado martes 16 de maio.