quinta-feira, junho 28, 2007


CHEGA O GRAN CAMIÑO
“O GRAN CAMIÑO”, que comezará a súa emisión este sábado 30 de xuño ás 21.30 na TVG cunha gala presentación conducida por Carlos Blanco, é un reality que mistura a promoción de hábitos de vida saudables cun concurso eliminatorio; Dez concursantes recorren o Camiño de Santiago para superar un gran reto, deixar de fumar
Unha nova experiencia de telerrealidade producida pola Televisión de Galicia en colaboración coas empresas Filmanova e Continental.
Este reality vai contar entre os seus concursantes co aritsta multimedia "Amiguete". Haberá que prender logo o televexo este sábado para ver as andainas polo Camiño deste melidán sen par.

MEDALLA PARA PROTECCIÓN CIVIL

A Medalla de Ouro de Melide que se concede dende fai unhos anos o día do patrón, é dicir, mañán día de San Pedro recae este ano na Agrupación de Voluntarios de Protección Civl de Melide. Non cabe dúbida, que diría Arsenio, de que é un galardón moi atinado.
Quince anos, dende o 1992, de servicios a comunidade merecen este recoñecemto.
Noraboa rapaces de laranxa.
Deixovos o link da nova que sae hoxe na Voz.

quarta-feira, junho 27, 2007

O "JEFE" DOS RALLYES
Vamos aparcar aínda que só sexa por unhos momentos a polémica futboleira local e vamos falar de deporte. Deporte de competición. Deporte de motor. Deporte ó fin e ó cabo.
E claro se falamos de motor en Melide de qúen temos que falar?, sí acertastedes de Xesús Ferreiro e a súa escudería Motor Melide Sport que voltaron lamber as meles do éxito na 40º edición do Rallye de Ourense. Primeiros en Históricos e decimoséptimos na xeral foi o resultado acadado na terra da chispa. Rallye complicado onde abandoaron moitos favoritos e con tramos realmente espectaculares, fálase do do Canón do Sil como un dos mais fermosos do Nacional.
Non foi todo un camiño de rosas para Suso e o seu equipo que nada mais comezar tiveron un par de sustos que as numerosas cámaras dos afeccionados recolleron e logo colgaron en Youtube:
Como vedes Ferreiro precisou da axuda dos siareiros para saír desta javia en Penacorneira despois de derrapar nunha curva chea de pedras.
Este de abaixo foi grabado no primeiro tramo entre Toén e Castrelos o Mk2 entrou na cuneta e costoulle moito saír, o fume que se ve pode ser debido o contacto entre o escape e a herba seca da zona.

Pero o "jefe dos rallyes" como é calificado no seguinte video sempre deixa un bo sabor de boca na aficción:

Xa que andamos poñendo videos, flipei bastante ó ver este que lle adicaron os seguidores cántabros despois do Rallye Cantabria Infinita. Trátase dunha recopilación dos videos das mellores pasadas de Ferreiro neste rallye do nacional e leva por título "CRUZADA INFINITA". Disfrutádeo:

Impresionante non si?, vaia "fiera"¡¡¡
O próximo rallye do Nacional será de novo en Galicia desta volta na segunda patria de Ferreiro e terra do seu copiloto Roberto Lorenzo, Ferrol. Será a última oportunidade de ver o noso piloto en terras galegas, pero antes disto esté Sábado ás 19.00 no Recinto Feiral de Vigo en Cotogrande, Ferreiro estará no Galiexpo Motor Show, unha cita ineludible para os afeccionados do motor que ten como gran novidade este ano a 1º edición do Trofeo Rallye Show onde pilotos como o xa citado Ferreiro, Vallejo, Solá ou Oriol Gómez enfrontáranse pero non baixo as directrices dun cronometro, senón que será o espectáculo que realicen o parametro a valorar. O propio público votará o que considere mellor. A verdade é que a cousa promete e moito. Sorte Suso e equipo, estamos realmente orgullosos de vós.

terça-feira, junho 26, 2007

Aqui vos deixo as fotos que se publicaron no "Tierras de Santiago" do partido Atlético Melide de Veteranos (Ex-Santiso) Vs SúperDépor.
Tedes mais información neste link do semanario.
En breve escanearei a do Santiso xuvenil xa que na rede non a atopei.

segunda-feira, junho 25, 2007


RUTINA DOS LUNS
Os luns son días que poderían levar todo tipo de calificativos e seguramente poucos positivos, pero se hai algo bó nos luns e tomar un café e coller o xornal, neste caso La Voz, e empezalo a ler pola última páxina. Teño esa costume, non sei se será porque quero fuxir das malas novas que case sempre veñen en portada e dos sucesos das primeiras follas.
O xornalista Nacho Mirás é o encargado da última dos luns , e nela fai unhas entrevistas cun estilo moi fresco a persoeiros de todo tipo da nosa comunidade titulada "A cara b".
Esto viña a conto por que no día de hoxe o entrevistado é un paisano noso. Manuel Pampín, o noso Malén, xornalista tamén, moi coñecido no país por ser a "voz" do fútbol na incipiente Tvg. Actualmente Malén presenta os informativos despois dunha etapa de redactor de "número" na sección de Informativos do ente público. Non é secreto ningún dicir que Malén sufriu o ostracismo dos que mandaban en San Marcos por posicionarse a favor dun cambio no xeito de elexir ó Director Xeral da casa.
Deixóvos o enlace: da entrevista.
Tamén podedes disfrutar de artigos de Mirás no seu blog, un referente neste mundillo, Rabudo é o nome da bitácora deste xornalista olívico-picheleiro amante das motos, sobre todo da súa rabuda, e ademais, non estou de todo seguro, pero coido que foi o primeiro en poñer en internet o archivo de audio daquela grabación do homiño do formigón "mecagho nas estrellas".
PD: Na imaxe que acompaña o texto podedes ver a Malén defendendo as cores do Cire no día que logramos o noso mais grande éxito, a Copa da Montaña do ano 1978. Era moi socorrido nas entrevistas a Malén cando era xefe de deportes o preguntarlle de que equipo era o cal sempre respondía cun lapidario e contundente "Eu son do Cire de Melide".
Houbo un tempo en que a afinidade deportiva de Malén era un debate continuo, que si era do Barça, que si é do Madrid, non que é do Celta, que va el sempre foi do Deportivo. Home, se non me engano, a parte do azul do Cire a cor que lle tiraba de rapaz era a branca. Agora ben, eu creo que actualmente o fútbol non lle quita o sono.
CRÓNICA DEPORTIVA
Non puido ser o Santiso de xuvenís sucumbiu ante un superior Cacheiras en partido correspondente a final da tradicional Copa do Sar que disputan equipos das ligas do Deza e da comarca de Santiago.
O campo compostelano de Santa Isabel foi o esceario da derrota dos santicienses, equipo formado maioritariamente por xogadores de Melide.
Tedes mais información picando neste artigo do Correo Gallego.
Polo Santiso xogaron: Diego (m.46, Vacenas), Damián (m.74, Javi), Pablo, Bruno, Rafa, Rafita (m.63, Miguel Ángel), Quique (m.46, Diego), Sergi, Susín, Tomás e Borja (m.50, Luisito).
Este era o último partido do grupo baixo o nome de Santis, a partir de agora, como xa saberedes, denominarase Atlético Melide.
Xa que falamos do Atlético comentárvos que onte presentaron o seu proxecto cun partido entre os veteranos do Santiso-Melivet (futuro Atlético-Melivet) e o SúperDépor. Leváronse o partido, supoño que o de menos neste encontro sería o resultado, os pupilos de Arsenio. Fran, José Ramón, Manjarín, Nando, Radchenko etc foron algúns dos futbolístas herculninos que pisaron a herba artificial melidá.
Onte saía na Voz un artigo relacionado con esta nova e ilustraba o texto unha foto que se me fixo coñecida. Picade aquí e verédelo. Sí ,trátase dunha imaxe que tamén está mais abaixo neste blog, dinme conta ó vela polo pouca calidade de escaneo que ten (home, sonche coñecedor das miñas chapuzas jajja).
No pé de páxina da foto no xornal hai un erro o Atlético senior nunca gañou a Liga do Sar, os xuvenís si que foron campións.
E xa que estamos de descubertas tamén atopei a web do equipo roxibranco, atleticomelide.es, páxina en construcción que nos saúda "institucionalmente" coa canción-consigna "Alcohol, alchol.."

quinta-feira, junho 21, 2007

AXENDA FIN DE SEMANA
Venres 22 (Feira en Arzúa). Dende as terras do Deza, chega a festa por excelencia, chega o celtic-punk de MOTOR PERKINS, que irán desgranando os seus temas a ritmo de gasoil, pero nós encenderemos coma a gasolina. Nani dixit.
Sábado 23. Noite meiga.
- Noite de San Xoán (e que non me morda nin cadela nin can) veñen dende A Coruña LOS CRUELES, con todo o aroma do seu rocanrol máis clásico, casi diría que rozando o blues. Nani dixit again.
-San Xoán en Visantoña, orquesta "Iris"
-San Xoán en Furelos, orquesta "Ría de Arosa"
Melide e a comarca tamén se encherán (jeje) de xente ó redor das tradicionais cacharelas, sardiñadas, churrascadas etc, propias na noite mais curta do ano (seica científicamente non é, pero queda ben).
Cuidado coas cancelas e os carros. Recollede os estalotes, carretade madeira para as luminarias (supoño que hoxe será un atentado ecolóxico pero non fai moitos anos as luminarias mais potentes medíanse polo número de rodas que tiña cadansúa, ;) ), facede os saltos de rigos etcétera etcétera.
Non sei si este ano actua Suso de Boente na chocolatada das Amas de Casa, como viña sendo habitual estes anos, ó caron da Capela de San Roque.
Sabado 23 ás 20.00 da tarde no campo de Santa Isabel, en Santiago, o Santiso de xuvenís disputará a final da Copa do Sar. Sorte rapaces.
Domingo 24.-San Xoán en Visantoña coa orquestra "Samba"
San Xoán en Furelos coa orquestra "Ría de Arosa"(se non me engano non é unha errata coido que repiten coa mesma orquestra)
Domingo 24.- Ás 18.30 Veteranos do SuperDépor Vs Veteranos MELIVET. Presentación do clube Atlético Melide.
Sorte na vosa andaina Atlético.
Tamén este fin de semana disputase en Ourense a quinta proba do Nacional de Asfalto.
Por terras ourensanas estará o noso gran piloto Jesús Ferreiro axudado ó seu carón polo ferrolán Roberto Lorenzo en labores de copiloto e de todo o equipo Motor Melide Sport. Sorte a Suso para este rallye no que á competencia directa en históricos é o madrileño, irmau de Carlos Sainz, Antonio Sainz que co copilto Javier Martínez-Cattaneo e ós mandos, desta volta cun RENAULT 5 Copa Turbo (Debido a que na proba de Cantabria desfixo o Escort Rs1600) competirá no equipo Caja Madrdid-Amazon Sport.

quarta-feira, junho 20, 2007

"XA ESTÁN AQUÍ..."
ATLÉTICO MELIDE, EL RETORNO
Onte morreu o Fary e de iso me gustaría falar pero como no noso querido pobo amén de querido e un tanto peculiar vou ter que contarvos o que estos días anda a pasar por estes lares.
Un grupo de persoas tivo a ben refundar o Atlético Melide, o primeiro equipo en federarse no noso pobo aló polos primeiros setenta do século pasado, escindidido ós poucos anos.
Paréceme totalmente lícito aínda que non comparto esta decisión xa que se hai unhas eleccións ó clube que termou do fútbol en Melide chamado Cire nos últimos decenios e hai unhas inquedanzas polo deporte que se presenten o proceso electoral aberto. Cae de caixón.
Estos días que está a polémica na rúa e nas barras dos bares repaso clasificacións daqueles tempos na chamada Liga do Sar e vexo que o Arzúa, Boimorto, Pontecarreira, Albixoi etc etc destacan na liga e figuran en postos altos. Vexo o Atlético e o Cire ocupando os vagóns de cola. Non me gustaría volver a ver isto, enfrontamento e desunión no pobo sen ningún beneficio colectivo, esto sempre baixo o meu punto de vista que naturalmente pode estar enganado xa que eu non creo nas verdades absolutas.
Se o Atlético renace e vai ser o revulsivo para o deporte na comarca benvido sexa, agora ben ,de momento non actuaron con moito tino nas formas. Que menos que si vas fundar un clube de fútbol teñas unha reunión co clube xa existente.


Tamén ando ollando fotografías daqueles anos e vexo que case que a acutal directiva en pleno do Cire vestiu as cores atléticas.
Non fai moito tempo que tiveron ceas de xuntanza e de lembranza daqueles anos, a ninguén deles se lle pasou pola cabeza armar outro equipo, mais foran xogadores.
Terá que ver con esta refundación que haxa un campo novo?
Tamén reflexiono e cavilo que eu non vexo tanta xente en Melide para engrosar tantas categorías e tantos equipos. Sigo pensando e se vexo que un dos cabeziñas do novo clube ten relación co Santiso,a miña mente enrevesada e malévola matina que o Santiso (en tódalas suas categorías) nutrirán os colchoneiros.
Entón doulle outra volta mais a cachola e o que me sae e que na vez de refundar o Atlético tería máis lóxica refundar o Fortuna. Equipo histórico de Santiso.
Non vos sei, estou confuso e vou parar de darlle os miolos, o que si vos podo dicir claramente é que este domingo, día de san xoán, vira o combinado veterano do SuperDépor enfrotarse contra os veteranos do..... Atl....Mel.i..... do Santiso no acto de presentación deste novo ente. Alea jacta est, e como dixo o outro que "Dios reparta suerte".
Aqui vos deixo un link coa nova no xornal El Correo Gallego: Prémelle

quinta-feira, junho 14, 2007

AXENDA FIN DE SEMANA
Venres 15 de Xuño na sala 600: The Sweat
Venres 15 de Xuño no pub Gatos: PABLO BICHO (rumba-rock)
Sábado 16: dende Arxentina o blues-rock de JOSE LUIS PARDO AND THE MOJO WORKERS.
Venres 15 de Xuño ás 20.15 Asamblea de Socios do Cire de Melide no Multiusos de Melide.

quarta-feira, junho 13, 2007


NOVO PREMIO PARA OS ALUMNOS DO IES DE MELIDE
Un premio convocado polo Parlamento de Galicia é o último "título" do Instituto de Ensino Secundario de Melide, e de novo son alumnos de bioloxía e xeoloxía con temas relacionas co medio ambiente quenes o acadan.
Desta volta ata prantexaron un proxecto de lei e teran que defendelo no estrado do Hórreo. Tedes mais información picando na nova da Voz.

terça-feira, junho 12, 2007


RIDERS ON THE STORM (Xinetes na tormenta)
Aproveitando o título dunha grandiosa canción dos Doors abro este post adicado o partido da tarde do sábado ente o Cire e o Santiso de veteranos(maiores de 28 anos).
A tarde, metereolóxicamente falando, estaba moi cargada de aparato eléctrico e a eso das 16.30 xa caeu unha boa tromba de auga. O partido escomenzou as 17.00 pasadas e os lóstregos non tardaron en "rodear" o terreo de xogo. No estrictamente futbolísitico o partido comenzou cun dominio do Cire pero pouco a pouco foi cedendo metros. O perigo do Santiso viña mais ben pola banda dereita, nunha xogada por eses lares o árbitro entende por penalty unha falta que segundo os nosos centrais poido ser fora.
Tira o penalty "Shuster" e o porteiro de Priorada Masi atalla nunha parada memorable.
Ó pouco tempo o Cire xoga pola banda esquerda e un balón cae preto da área pequena, o porteiro do Santiso dúbida e Rubén Rey-Ruchi- fusila sen contemplacións a Marcos "the postman". A raíz do gol o Santiso foise outra vez un pouquiño arriba. Nunha xogada de moita habilidade Nani róuballe o balón a nosa defensa e diríxise como un estilete cara a nosa área ó chegar a ela inventa un tiro envelenado disparado a un nivel de forza enganosa, o bote despista ó noso porteiro que coidaba que o balón se iba fóra e o Santiso pon as táboas no "electrónico"-xa, xa sei o que estades pensando pero que lle queredes oh...
Era o 1 a 1. O Cire non domina pero ten oportunidades a esgalla nos pés do correoso Conde (sempre ó limite) e da tanqueta Neira.
Na reanudación a tónica do partido é a mesma o Cire moi atrás, é normal era o segundo partido xuntos e o Santiso leva bastantes temporadas como equipo logrando incluso dous ascensos, é dicir se o Arzúa nos sacaba duas categorías o Santiso sacaríanos tres se chegamos a federarnos, bueno para ser mais preciosos duas porque este ano os verdeamarelos perderon a categoría e volven a Primeira-B (nós empezariamos en Terceria).
Aínda así as mellores oportunidades son as nosas e o Santiso non se achega o noso portal.
Transcurridos vintecinco minutos do segundo tempo e co gol mais cerca dos de Melide houbo que suspender o envite debido o tremendo aguaceiro que caeu esa tarde incluído unha remesa de pedrazo de xeo en cantidade semellante a todo o que se consume no San Roque nos pubs.
Un lóstrego cae moi preto e vemos unhas chispas nunha torreta das luces, medo non pero moito respecto, non queremos saír no telexornal na noite na sección de sucesos.
Procedemos a cambiarnos nos vestiarios e levámonos unha sorpresa, aquelo semellaba o Titanic e a auga acumulada superaba a cuarta e media¡¡¡
O saír deles, que no Cire están debaixo da grada, e subir as escaleiras vemos que unha parte do muro que pecha o campo caera debido a forza da auga xa que debía ter próximo un rejo do líquido elemento. Tremendo.
O mellor do conto foi que non pasou nada e que o partido se disputou cunha camaradería e limpeza exemplar.
Polo Cire xogaron de inicio: Masi, Coego, Rubén Leiva, Cea, Manolo "Cristal, Alfonso García, Frilu, Carlos, Pinchi, Ruchi e Riki. No banco estiveron; Neira, Conde, Manolito Blanco, Albino e Txerra. Adestrador Parcero que aproveitando que en veteranos se poden facer cambios ó estilo fútbol sala moveu o banquiño fiel o seu estilo ukraniano.
Con respecto o partido contra o Arzúa só repetimos os seguintes: Masi, García, Cea, Rubén, Manolo, Frilu,Riki,Coego e Pinchi.
Ausencias: Toñito e Diego Lirio, J.Costoya, Roca, Emilio, Cuchi, Lorenzo, Manolito, Pezobre, Barullo, Arturo, Armando entre outros mais que non me lembro agora.
O Santiso tamén tiña bastantes baixas aínda que tiña nas suas filas a homes tan experimentados como Fernando Orois, Charly Cordido, Sueiro, ou José Luis Mourazos e homes veloces arriba como Barrio, seguranza atrás na cabeza de Suárez, virtuosismo balompédico con Nani, remate preciso con Elier, excentridade na portería con Marcos etc etc
O próximo envite do noso periplo de amistosos probablemente sexa contra o Palas, xa vos informarei a tempo, é dicirvos con todo orgullo, que de momento aínda non coñecemos a derrota. ;).

quinta-feira, junho 07, 2007

AXENDA DO FIN DE SEMANA

CONCERTOS
VENRES 8 XUÑO NA SALA 600.
Noite punk no local de Miguel onde actuarán os cangueses SOAK, conxunto histórico da música galega, algun de vos hase de lembrar deles por aquela aparición xa fai algúns anos no recopilatorio "Unión Bravú" co nome de Kaos, Soak o reves. Como cicerones e teloneiros estaran os nosos veciños, os grandes "Porka Miseria" .
VENRES 8 XUÑO NO GATOS
E no de Nani o pop-rock dos coruñeses "Querido Salvaje"
Horarios habituais. Éche o que hai.
SÁBADO 9 DE XUÑO NO GATOS.
Chgan dende o Porto (Portugal), LE PARTISAN un grupo que vai deSte pau "som marcadamente influenciado por ritmos tradicionais, sustentado numa viagem no tempo, bem como um mergulho nas raízes da cultura lusitana, naquilo que pode ser visto e revisto como um sentido e constante apelo à expressão musical portuguesa". Ten boa pinta. Tedes mais datos no blog de Marcus
DEPORTE
Sábado, ás 17.00 no campo do Cire, encontro amigable Cire de Veteranos-Melivet(Santiso de Veteranos).
Se non me engano en Sobrado, a mesma hora, Sobrado-Arzúa, tamén de veteranos.
E así que me acorde pouco cousa mais, veña un saúdo.

terça-feira, junho 05, 2007

SAÍMOS NO "TIERRAS..."
Hoxe cando abrin o semanario gratuito editado polo Correo, Tierras de Santiago, levei unha sorpresa o atopar esta foto:

Esta imaxe está na páxina web do Gatos e debeuna de elexir a xornalista, Susana Formoso, para ilustar unha nova referida o concerto deste venres no Gatos dos coruñeses QUERIDO SALVAJE (pop-rock).
A foto en cuestión troúxeme recordos, está tomada despois dun concerto que debeu ser no 2004, e o grupo que actuará foran os Mistakens, tamén da Coruña, que facían un estilo que eles definían como Kung-fú-rock. Estiveran moi ben. A camiseta que luzo, celeste coa "m" do logo do grupo, regaláranma eles por facerlles de vendedor de "merchanising" o remantar o concerto.
Nada, que ó mais puro estilo "vendedor de elixires-milagro del salvaje oeste" embarqueime miocrófno en man na tarefa de polo menos "colocar" un Cd entre o escaso público que iba quedando aquela hora do venres.
Só convencin a un, pouco mérito xa que coñecía o grupo, e non era outro que Miguel "Chifli", profesor herculino que imparte doctrina en Melide, é o que sae na foto anicado.
Ós rapaces de Mistakens fíxolles gracia o rollo e sacámonos unha foto para a posterioridade.
Ó cabo de dous anos voltaron e trouxérona en formato ampliado e regaláronlla a Nani.
Boh, a ver quen non o pasa ben en Melide..., poucos grupos que viñeron quedaron descontentos.
Pd; na foto "no centro" está o mecenas e melenas Nani e na beira facendo o sinal da victoria o rei das seis cordas e luthier Toxo. O resto (4) son os "Mistakens" que en galego ou castelán serían ""Los equivocados" ou en galego "os errados"" non?, aiiii, ese inglés jaspalleiro da egebé...
PD: Unha aperta forte os repartidores do "Tierras", o actual e o anterior que sempre me teñen ben surtido.
ADIANTOS ESTIVAIS
Facendo un percorrido polos blogs amigos atopo duas primicias que coido que é preciso compartir convosco.
Trátase dos carteis de duas festas míticas da comarca, o Rock & Motos de Palas de Rei, antes coñecido como Rock no Camiño; e o San Queremos de Vilantime-Arzúa. Dous eventos diametralmente disitintos pero totalmente complementarios no panorama festeiro do vrau da cerne de Galicia.

O 27, 28, 29 de Xullo os motores das máquinas de duas rodas perturbaran a tranquilade imperante na vila da curva, Palas de Rei. No apartado musical actuarán os navarros Marea o venres e Riff-Raff e Festicultores o sábado. Coma sempre, acampada gratis, streptease masculino e feminino, exhibicións de motos free style etc. Van xa pola decimosegunda edición.
E o 18 de Agosto, coma sempre o terceiro sábado de agosto e outra vez mais coincidindo cun dos días de mais xente en Melide (o sábado do San Roque), a novena, se non me engano, edición da "festa mais tola e orixinal" o San Queremos. Coma sempre a sobremesa será o momento estelar da xornada co "Campionato mundial de Arrebolamento de Sacho" e o de "Tiro de Carro", pero hai moitas actividades, entre elas: Xantar popular, exposicións fotográficas, carreiras de sacos, campionato de futbolin, de baile e por suposto todo amenizado cos sons de : Suso de Boente e o seu órgano (musical), Dúo "Azahara" e Dúo "Master" e os grandes Jaiteiros "Bicos da Balouta", considerados por moitos como os Treixadura ado Arnego.
Xa que estamos con primicias e con adiantos comentarvos que no mes de Xullo estará en Melide ,coido que por terceira vez, os pais do folk galego, Milladoiro e en Agosto dous grupos de rock , High Sierras de Vigo e HolyWater de Lugo dentro do programa "Vai de Camiño" que organiza o Xacobeo e a Consellería de Industría.

segunda-feira, junho 04, 2007

FERREIRO: "PÓDESE IR MAIS RÁPIDO, PERO NON MAIS DE LADO"
En torno a 50.000 persoas, segundo o Faro de Vigo, seguiron o sábado o Rally das Rías Baixas e polo que vexo nos foros de internet relacionados co tema do motor, por exemplo o de Curuxa Rallye, a proba resultou ser exitosas ó cento por cento. Grandes pilotos, boa organización e algo que lle faltaba o nacional, o espectáculo do Ford Escort MK2 Tración traseira de Ferreiro. O piloto galego mais querido non defraudou e deuno todo en cada curva.
Youtube estase infectando ás poucas horas do rallye de videos onde se mostra a calidade do melidán.
Neste que vos poño en concreto e da mesma curva que o que vos puxen onte pero visto dende arriba, pasan dous coches antes e fíxadevos como se quenta a peña cando se escoitan os motores do Escort:

domingo, junho 03, 2007

MAIS RALLYE
Este fin de semana disputouse a 43º edición do Rallye Rías Baixas considerado polos expertos como o mellor rallye de España de asfalto.
Gañou o asturiano Hevia na cuarta cita do nacional.
Na categoría de históricos só un participante e polo tanto gañador que non é outro que ....Xesús Ferreiro.
Un Ferreiro que non se cansou de dar espectáculo en toda a xornada segundo contan as crónicas. A próxima cita será en Ourense a finais de mes e presúmese moita competencia, pilotos que viran dende Catalunya e a presencia de novo do accidentado Antonio Sainz, irmán de Carlos. Ferreiro tamén acadou un brilante posto 21 da xeral, noraboa.
Deixóvos un video do noso campión que atopei no tubo grabado no tramo de Mondariz que a verdade é espectacular: