quinta-feira, março 29, 2007

AXENDA
Mañán en Melide na Sala Gatos e dentro da Rede Galea de Música Ao Vivo: THE SWEAT!! (funk dende Ferrolterra), e en Visantoña (Santiso) a primeira festa da Xuventude onde estarán as orquestras París de Noia, Costa Oeste e Philadelphia. Haberá toldo con churrasco e polbo.
O sábado na Sala Gatos, X Aniversario do local, cunhos pinchos ás oito e media e xa pola noite, o cantautor Leo i Arremecaghona e os montañeses de Ith.
Hoxe xoves en "Aberto por reformas" da Radio Galega de 16.00 a 17.00 h. entrevistarán a Nani por mor do Décimo Aniversario do Pub Gatos que se celebrará este sábado coas actucións do cantautor vigués inclasifacble Leo i Arremecaghoná e o rock da montaña (Boimroto, Xanceda) de Ith.

quarta-feira, março 28, 2007

30.000 € para Xesús Ferreiro
Cinco millóns das antigas pesetas vai ser a cantidade que reciba en concepto de subvención da Deputación provincial coruñesa a esudería Melide Motorsport do gran piloto melidao Xesús Ferreiro.
A primeira subvención que recibe Ferreiro en toda a sua carreira que comenzou aló polo ano 1989.
Aqui vos deixo a nota de prensa da Depuación para dar a coñecer a nova:
Ferreiro , tres veces campión galego de rally, participará por primeira vez no campionato de España de Rally de Vehículos Históricos 2007, que comeza o 19 de maio.
Para que isto sexa posible, a Escudería Melide Motorsport contará cunha axuda da Deputación Provincial da Coruña de 30.000 euros, que permitirá ao equipo concorrer a esta proba nas mellores condicións. Este equipo, o único de vehículos históricos quehai na provincia, está formado por nove persoas, entre as que destaca o copiloto de Ferreiro dende hai anos, Roberto Lorenzo Barreiro, un ferrolán de 34 anos.
Con esta subvención, o piloto poderá participar nos Rallies de Cantabria, Rías Baixas, Ourense, Ferrol, Asturias, Llanes, Costa Brava e Madrid e, dependendo dos puntos conseguidos, poderá optar ao título de Campión de España de Rallies Históricos.
Xesús Ferreiro, de 38 anos, debutou en competición en 1989, e nestas 16 temporadas leva disputados 100 probas de rally. Nas competicións, Ferreiro Pérez ten utilizado diversos automóbiles: Volkswagen Polo, Alfa Romeo, Seat 124 especial, ou Peugeot 205 Rally. Foi cun Ford Escort MK II co que conseguiu os campionatos galegos e co que participará no Campionato de España.
Os afeccionados coinciden en destacar que o adxectivo que mellor define o xeito de facer de Ferreiro é o de “espectacular”; unha exhibición de destreza que, nos últimos anos, levou a numeroso público a seguir in situ as súas actuacións en cada proba que disputa. Cómpre lembrar que Xesús Ferreiro foi o primeiro español convidado ao motorshow, unha importante exhibición de vehículos históricos que se celebra, dende hai anos, na cidade portuguesa de Oporto.
A Comisión de Economía da Deputación, celebrada este luns, aprobou esta axuda que permitirá ao piloto melidense cumprir un soño e levar o nome da Coruña por toda España. A deputada melidense, Socorro Cea, portavoz do BNG na Deputación da Coruña, confirmou a nova e declarou que “por fin se fai xustiza cun gran piloto que nunca tivo o apoio económico das institucións, a pesares de ter sido tres veces campión galego con moi poucos medios”. Así mesmo, Socorro Cea manifestou o seu convencemento de que Ferreiro fará un extraordinario papel no campionato de España e demostrará a todos a súa enorme calidade.
A primeira proba do campionato será o Rally de Cantabria, que se celebrará o 19 de maio de 2007. As tres seguintes probas serán en terras galegas: Rally Rías Baixas, o 2 de xuño; Rally de Ourense, o 23 de xuño; e o Rally de Ferrol, o 25 de agosto. Os restantes celebraranse no último trimestre do ano.
DOBRE "EME". MULLERES MELIDÁS.
Mergullándome na rede atopei duas reseñas a duas mulleres melidás que como non podía ser menos teñen que estar neste espazo.
Trátase, en primeiro lugar, de Mercedes Bardanca, taxista. Na edición desta semana do "Tierras de Santiago" nun reportaxe sobor dos taxis destacan que Mercedes foi pioneira en Galicia como muller ó volante dun vehíuclo de Servicio Público.
Este é o texto:
En el caso de la primera, que tiene, como ella misma dice, "alrededor de setenta años", puede presumir de haber sido la primera mujer que condujo un coche de transporte público en Galicia. "Quitei a licencia de taxi no ano 69, cando voltei de Alemaña, e adícome ó traslado de médicos e ATS que fan asistencia a domicilio e teño tamén guardias fixas", comenta Mercedes Bardanca. "Decidín facerme taxista porque o meu marido tamén o era, pero non compartiamos coche, senón que cada un tiña a súa licencia e o seu vehículo", matiza.
Además de destacar por ser la única mujer que poseía un taxi en aquella época, Mercedes Bardanca también fue la primera que condujo "unha ambulancia na vila". Su vida profesional ha estado vinculada al mundo de la medicina y al traslado de enfermos.
"Os primeiros momentos eran difíciles porque tiñamos que ir a moitos sitios. Eu trasladaba tódolos días enfermos que tiñan que facer a diálese en Santiago. Un día tiña que ir ó hospital xeral e outro á clínica de Souto Boo", recuerda.
A pesar de que su profesión en algunos momentos se puede hacer muy ardua, Mercedes Bardanca asegura que "Levo 38 anos sen ter vacacións, e nin sequera figura un só día de baixa en todo o tempo que levo traballando", asegura.
Por sus diversos Mercedes han pasado personajes de todo tipo: desde los enfermos a personajes conocidos como Ana Kiro. "Ela levoume ó seu programa", comenta muy orgullosa.


E a segunda muller é Maria José Corral Darriba que vén de pescar, nada mais e nada menos, que o "campanu" do río Eo. Denominase "campanu" o primeiro salmón que se pesca nos ríos asturianos. O Eo pódemolo considerar como río galaicoasturiano.
A noticia foi recollida en tódolos xornais de prestixio da veciña comunidade como por exemplo "El comercio" ou "La voz de Asturias".
Isto é o que dicía "La voz de Galicia" na súa edición de A Mariña:
Este fue cobrado el pasado lunes por una pescadora de Melide, María José Corral Darriba. Fue su primer campanu , curiosamente, en el día en que cumplía años. Picó a las 17.30 horas, en el coto Piago Mayor y pesó 5,250 kilogramos. Entre ribereños y aficionados se comentaba que pudo tratarse del mismo ejemplar que estuvo a punto de ser pescado el domingo, cuando se inició la temporada, que en Piago Mayor se soltó a otro pescador. En esta oportunidad, tras la venta del campanu absoluto (que se pescó el domingo en el río Narcea), María José Corral no recibió ofertas para venderlo. Con todo, según manifestó, su verdadero interés era el de disfrutar comiéndolo con sus amigos.
Noraboa as duas, por ser pioneiras en dous aspectos da vida que estaban rexidos por homes.

sexta-feira, março 23, 2007

TERCEIRA FOLIADA DE MELIDE
En rigurosa primicia este blog ten a honra de presentar o cartaz que serverá como anuncio da Terceira Foliada de Melide, a celebrar o vindeiro domingo 29 de Abril onde ademáis das exitosas actividades de edicións pasadas (leáse: Exposicións, Obradoiros, Xantar popular, Queimada, Marcha Gaiteira, etc etc) este ano haberá monicreques de man da compañía "Tres globos" que representará o clásico "Pedro e o lobo" e a actuación estelar dun histórico da música galega como é Miro Casabella.
Estas son só algunhas das novidades desta edición que se promete interesantísima. Organizada pola Agrupación Folclórica Castelo coa colaboración do Concello e a Asociación Catasol e o patrocinio da Xunta de Galiza e a Excelentísima Deputación de A Coruña.
Noraboa polo traballo que vides desempeñando dende o Castelo e neste mes que falta para este "magno evento" prometemos facer algunha entrevista ós organizadores para que nos conten como se coce esta auténtica festa da música tradicional.
Melide terra de gaiteiros como ben demostra o capitel medieval que ilustra este cartaz. Por certo noraboa ó deseñador.
Unha foto para a historia.
Un 25 de febreiro de 2007, día de feira, o fútbol melidán estaba de noraboa, despois de moitos anos de promesas e mais promesas por fin se facía realidade o soño do anhelado campo novo.
Nesta imaxe podemos ver ós xogadores que tiveron a honra de estrear o campo con victoria en partido de liga fronte o Galegos de Frades por 1-0.
De pé e de esquerda a dereita: Pucha, Capi, Perilla, Santi, Pájaro, Suso, Diego, Luigi, Chiki, Luis Eugenio (adestrador), Moncho Camiño e Juán.
Abaixo: Miguito, Alberto, Peque, Garea, Tarrío, Brais, Óscar, Nacho e Jechu.

Disculpade pola mala calidade da imaxe pero en breve terémola con maior nitidez.

quinta-feira, março 22, 2007

AXENDA PARA ESTA FIN DE SEMÁN
VENRES 23: No Gatos, "A MATRACA PERVERSA", dende A Estrada todo o poder deste combo ideado por Marcos Payno, ex-Xenreira. Mestura demoitos ritmos e cun craro compromioso social.
Na sala 600. Festa do 7º aniverario estarán UMIKO NIGHTS(DJs/Perkusion),Convidan a Caipirinha ata ás 4.00 e moito mais.
SABADO 24: SKALARIAK na Sala Capitol en Santiago, ás 22.00 h.
Melide Fútbol Sala-Paderne, coido que en Toques ás 18.00 da tarde.(?)
Rallye do Cocido, na comarca veciña do Deza todo o espectáculo do rallye naprimeira proba do Campionato Galego, non estará Ferreiro pero sí o palense Parrancha-RAikkönen-Vilariño que tentará poñerllo díficil o seu compañeiro de escudería e actual campión Bamarti.
DOMINGO 25: CIRE-ENCROBAS. 16.30 Campo municipal de fútbol de Melide.
E segundo a web do concello: SÁBADO 24 E DOMINGO 25. GRAN FEIRA DO II SALÓN DO AUTOMÓBIL EN MELIDE QUE TERÁ LUGAR NO PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DA VILA.
A Cultura galega está de loito, morreu Prudencio Romo, músico noiés alma-mater dun dos conxuntos mais emblemáticos da música galega moderna, Los Tamara.
Los Tamara foron os primeiros en atreverse a cantar en galego en pleno franquismo e viaxaron polas mellores salas de Europa, Norte de Africa e América.
Compenetrouse moi ben con Pucho Boedo, un coruñes fillo dun anarquista da Cnt que foi asasinado na guerra, que foi o Frank Sinatra da nosa terra.
Agora os dous xuntos cantarn no ceo "O vello e o sapo" poema musicado de Curros Énriquez.
Aqui tedes unha pequena biografía de Prudencio
Co motivo do seu triste pasamento entereime de que Prudencio tiña tamén relación con Melide:
Pero Prudencio Romo deja una obra póstuma. Un día antes de ingresar en el hospital, entregó a su copista los arreglos que realizó para Fernando Arias, director de la Orquesta Sinfónica de Melide, que prepara un musical que se estrenará en verano.
Romo hizo los arreglos sinfónicos para los temas Airiños aires, Mi tierra gallega, Mentras eu peno y A Santiago voy. En total, 14 minutos musicales que estrenarán los más de 50 músicos de la Sinfónica de Melide.
Xa andamos por aquí de novo. A modo de resume imos escomenzar por destacar a gran remontada no partido do domingo pasado no partido de liga do Cire perante o San Martiño. Empezamos perdendo 0-2 pero despois dun encontro épico conseguimos remontar e gañar por 3-2, como o día do Toques pero con mais sorte. Moita menos xente na grada do campo novo con respecto os partidos previos (inauguración e derby) pero sempre apoiando ó noso equipo azul que disputará un novo partido na casa este domingo as 16.30 frente o Encrobas. Os destacados do pasado domingo: Moncho "O grafitero" e Juanito, que superades certas dificultades o día anterior o partido marcou un golazo de categoría. De porterio tivemos a Palop-Quintás que fixo o que puido. Tedes a crónica mais detallada na sua web Cire Melide.

Pero o resultado mais sorprendente nesta xornada foi a victoria no Toques, no seu feudo, ó Boimorto, un dos gallitos da competición que se xogaba o ascenso. Xa que de gañar poñeríase a dous puntos do líder. Agora o conxunto de Amavisca situase a cinco do Queixas. Por parte do Toques marcaron Bareto(a lo Ronaldinho), Espomasa (si, si ,espomasa) e José (Gasolinas). Noraboa ó Toques.

Para rematar co deporte, o noso fútbol sala parece que se está repoñendo ó pau de non poder disputar ningún partido no pavillón da Martagona e leva unha boa senda para conquerir o ansiado ascenso a Liga Autonómica, o seu hábitat natural.
O equipo do tamden de Conde e Neira gañou no Barbanza, 1-3 o Pub Piko´s.
Clasificación a falta de tres partidos:
Clasificación: Javasán 44. A FundaciónEnxebre-Melide 39. Pub Pikos 34. Laracha 34. Narón 25. Xuventude da Froula 23. Pub Cotton/Aluminios Severo B 23. Libertad 17. Monfero 15. Paderne 10. Cesures 2.

quinta-feira, março 15, 2007

Estes días teño pouco tempo para escribir, pero non me quero esquecer do derby do pasado domingo, Cire-Toques, que rematou en táboas e que tivo todos os ingredintes dun partido de rivalidade. Resultado xusto, aínda que o Cire cecais mereceu un pouquiño mais. Noraboa a tódolos xogadores, das duas escuadras, polo espectáculo brindado.
No capítulo de concertos para esta fin de semana, "Fabulos Cubatas de Focking Brothers" dende o golfo ártabro (Coruña-Ferrol) estáran no 600 facendo un show verdadeiramente divertido. E na reserva india do Gatos, ATAQUE ESCAMPE (Rock de serie B dende Compostela), presentando o seun 1º traballo: "Ed Wood e a invasión dos Paraugas Asasinos"- Sábado 17, dede Vigo: KOGITO, ska reggae feito na Galiza. Entrada gratuíta (unha cousa segura é a ver quen da estado quieto cando toquen o sábado os Kogito, concerto altamente recomendable)
Veña un saúdo.Ah por certo a nosa represante no programa-concurso da canción "Son de Estrelas", Cristina Lago, quedouse a dous puntos de pasar a final na repesca e a rapaza que competía por Arzúa a un só. Unha mágoa que non haxa reprsentación do interior de Gz en devandita final pero demostramos que temos bastante nivel. Noraboa as duas e a seguir loitando.

segunda-feira, março 12, 2007

Dende este espazo quero mandárlle unha mensaxe forte de ánimo ó piloto melidán de rallyes Xesús Ferreiro (e a toda súa familia) que fai poucas datas perdía o seu pai.
Un Ferreiro que este ano tentará competir polo Campionato de España de Rallyes na molidade de históricos. ÁNIMO SUSO¡¡¡¡
Deíxovos un gran video homenaxe que circula pola rede adicado ó piloto mais espectacular do panorama galaico.

sexta-feira, março 09, 2007

CONCERTOS, FIN DE SEMANA
Hoxe no 600 a electrónica dos lucenses TELÉMACO, no Gatos chegará dende Monforte o heavy de ANGER e mañá neste mesmo local sesión de rock, soul e blues cos valdeorreses BUKOWSKY TRIO, que nin son tres nin son polacos.

quinta-feira, março 08, 2007

MULLER

Hoxe é o día da Muller Traballadora, a min esto dos días adicados pois que non me convence, así que hoxe é o día e o resto do ano xa non traballan, ;) deixando a parte a brincadeira, a min este poema da lucense Marica Campo musicado por ese grupo referencial que son Fuxan os Ventos, recollido no disco Sementeira sempre me pon os pelos crespos de emoción, mágoa non poder poñervos a música pero ahí vos queda a letra.
Ah, meu gaiteriño,
ainda macordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e víñasme ti dicindo:
“Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
- Muller, fartura de loita,
¿qué che hei decir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.

E o vento decia:
“¡pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”

- Ai, muller, ¿cántas noitiñas
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.

E o vento decia:
“¡pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”

Ti és o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.

Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.

E ó voltar, ¿qué che hei decir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.

ANTROIDANDO


Non podía pasar por alto neste improvisado resumo da segunda quincena de Febreiro o noso benquerido Antroido.
O venres pouco , destacara Pájaro de Portocelo e a Mauro de Pelos polos seus improvisados e atinados traxes.
Ese venres houbo dupla concertil con "Turre´s band" dende Mos na sala 600 e "Daze of dawn" dende Canadá e Valencia no Gatos.
Dous concertazos, do primeiro destacar que había pouca xente pero que os nove ou dez músicos puxerono todo e agradaron o público variado que se congregou na de Miguel, acto seguido no Gatos a banda de Claude non defraudou e a pesares de cambiar os músicos non se notou a diferenza e incluso soaba mellor que en anteriores ocasións. Un privelexio que unha banda que se prodiga en primeiros festivais nacionais, como o Festimad, estivera na nosa humilde vila, e por certo sen pagar un céntimo de entrada.
Concertazo, qédamonos coa versión "The Wall" de Pink Floyd. O baixista desta formación axenciouse o casco de seis ou mais lustros de Pájaro e tocou con el a parte, longa por certo, dos bises.
O sábado, segundo me contaron, o 13 converteuse nun auténtico poboado suahili e seica che había ben mascarillas polas ruas da marcha melidá.
O domingo era o día dos pequenos, por certo foi o día en que Tarrío conseguiu o seu primeiro gol deste ano perante o PonteCarreira, noraboa os premiados. O luns,á parte de tres orquestras no pazo de congresos (si, tres), coma sempre no Lar (a ver si poño algunha imaxe a parte do carné dos porteiros que tedes aqui a dereita) voltamos a trunfar na noite fria e choivosa carnavaleira. Maqueamos e tuneamos o local desta volta.... como O´Lar de Play-boy, unha especie de delegación-franquincia da mansión orixinaria que Hugh Hefner disfruta baixo o sol de California.Ó noso non lle faltaba de nada, yakuzzi, película, amor e por suposto Coelliñas: Lauren, Chique, Miguito, Puncho e Amiguete, Hugh: Óscar, bully-boys porteiros: servidor e Mancebo. Coma sempre sigo encasillado no papel de porteiro, aínda que desta volta tiven un compañeiro de altura e cabeza, Mancebo.
Moita risa como vos podedes imaxinar.
E o martes, concurso oficial con premios no cantón e Queima do Antroido tradicional na praza das Coles (ou da constitución) organizada pola Asociación Curuxás. Na ilustración da dereita vedes o pregoeiro co Antroido ó fondo. E na da esquerda o Antroido ardendo. Carnival´s burning. Este ano non sei a que persoaxe do papel couché me recordaba, si oh unha muller que ten moitos títulos nobiliarios e que fala moi raro .... ;).
No pregón debutou Amiguete, teloneando a Manolo Parrado, todo un clásico, últimamente algo asonante na rima.
Amiguete fixoo moi moi ben , vestido de "skin" aqui vos deixo as coplas que este gran amante do antroido me deixou para as que puxera en primicia internáutica:
"Perdoade o meu estado o Antroido é o que ten, que ademais de disfrazarme tamén tiven que beber"
"Sonche uns días moi raros que todo vai do revés, os homes van de mulleres e o pobo ten o poder"
"Aproveito estes minutos para defender o meu, que Melide é caralludo agroa ídelo ver".
"Do "efecto-invernadero" non nos poden acusar, como aqui non hai industria non imos contaminar"
"Tampouco hai autovía, nin os coches van pasar, e o rollo de Kioto nós vamos a respectar"
"Eso dos mexilóns-cebra nunca vai chegar aquí, é que no río Furelos quen carallo vai vivir"
"Tamén hai gripe avaiar non nos imos preocupar, porque neste ambulatorio todo cho saben curar"
"Que dicir da inmigración, nunca van vir "Latin Kings", que seus pais queren traballo e que cona fan aquí"
"Corrupción, Julián Muñoz, todo eso que mais da, como aqui non hai un peso pouco nos poden roubar"
"O problema da enerxía a nós que mais nos dará entre encoros e muíños para todos vai chegar"
"Se é vespera de feira podereir morrer en paz, que entre pitas e conexos moita xente me a velar"
"De fútbol non vou falar que non son dos que controlan pero seica o Cire no seu campo non perdeu nin unha bola"
"Eu prefiro a natación e practicoa todo o ano aínda que non hai piscina podo facerme arzuano""
E por isto e moito mais Melide é o mellor ademias con tantos bares, paso de Marina D´or"
"Achéganse as eleccións, eu non as penso perder, como diría Mecano, "mujer contra mujer" "
"O sistema americano é o que se está a levar e na lama en bikini quero velas pelexar"
"Que diría o don Román tan cacique como é, e moi pronto en Santalla vai perder todo o poder"
"Non sei quen as gañará, nin sei quen vai perder o que si sei seguro e que os vellos van comer"
"E tamén aproveitade os dos sitios oscuros que en campaña electoral....farolas por un tubo"
"Como empezo a divagar só digo para rematar VIVA O ANTROIDO DE MELIDE ÍMOLO A RECUPERAR"

Antroido en Arzúa, ese pepsi e cia. Botes`07
Falar de "Pepsi-colo" é falar dun dos tios mais auténticos de Arzúa (moi querdido en Melide tamén) , unha das facetas nas que destaca "pepsi" é no dominio do idioma propio da vila do queixo: o "arzuo" (mestura do coruño e do castelán que se fala en Compostela).
Pois ben a Comisión dos Botes`07 elaborou unha comparsa adicada a "Festa nacional" e propuxéronlle o noso heroe que se vestira de Guardia Civil, o cal respostou "ai, sí hay traje , yo voy eh". E foi. Esta é a imaxe que quedará para a historia, vemos tamén o diestro Baltasar Pardal "El Carbonillas", peineta-fandinho , alcalde-rial como ben definiu Sexto na web do San Queremos onde estan colgadas estas fotos e mais.


quarta-feira, março 07, 2007


MEDRA O BLOGO-MILLO MELIDAO, DOUS NOVOS BITACOREIROS


Non hai moitos días que tiven coñecemento da existencia de dous novos blogues de persoeiros da comarca de Melide, que me perdoen por non sabelo antes nin poñelo na relación de ligazóns. Sin mais dilación estes novos bitacoreiros son Josiño e Félix.
Hai vos van as direccións destas duas mentes pensantes amén de moitas cousas colaboradores da Hora Amiga.
Dende Bath, United Kingdom:Blog de Fiz , a vida dun melidao na pérfida Albión.
E dende o pobo: Blog de Josi Josiño "Little Joe" falándonos dalgunha das cousas que mais lle prestan, música británica e as novas series de tv de calidade que chegan dende o outro lado do Atlántico.
Tamén agreguei en Ligazóns un blog dende Agolada moi interesante: Aquam Latam e a David "Husqvarna" que pensei que o tiña agregado e non, vaia fallazo, mondo bizarro, críticas de pelis, múscia progresiva, cómics, libros son só algo do que te podes atopar en Intramuros.
E por último Netos de Arzúa, o blog mais novo da comarca.
ESTAMOS DE VOLTA: UN POUCO DE BALOMPÉ PARA EMPEZAR.
Dende a paradóxica data do 23-F que non escribía nada, e a verdade é que non sei por onde empezar porque dende ese tempo ata aqui pasaron bastantes cousas, a ver si son quen de contárvolas.
Aquel 23-F houbo concerto no Gatos do grupo estradense-quirogués Nao, actuación que non defraudou a ningúen e que confirmou a boa forma na que está o rock galego.
O 25 de febreiro, día de feira, quedará na historia como a data na que se xogou o primeiro partido oficial no campo novo do Cire. Facía décadas (finais dos oitenta, principios dos 90 cando aínda se disputaba o torneo do San Roque onde pasaron polo campo da estrada da Golada conxuntos coma o Lugo, Compostela, Lalín etc etc) que non se vía no campo, bueno agora xa casi estadio, tantísima xente.
Tantos anos de promesa e ao fin o novo campo é unha realidade. Que ledicia.
O partido veu precedido por un acto previo de inauguración e o rival que compartiu privilexio de entrar na nosa historia foi o Galegos de Frades.
Tódolos espectros sociais estaban aquel día no campo, históricos xogadores (deixaron o campo cheo de babas por non poder ofrecer o seu fútbol dantano nestas modernas infraestructuras), autoridades (no palco-vip), nenos (o sábado xa había rumores de que había agasallo de balóns, e xa se sabe..), estudantes, xubilados, parellas, pandillas, etc etc
O espectáculo no céspede mais ben escaso. O Cire dominou pero tivo que conformarse cun exiguo 1-0. Peque e Tarrío non tiveron sorte. A media hora de xogo a primeira tangana sobre o artificial céspede, tres expulsados (2 dos de Frades, un dos nosos). Os siareiros non animaban moito e os que acudimos sempre pois tampouco, ambiente frio. Tres puntos e a agardar a visita do Toques este domingo, nun partido que se promete moi disputado, agardemos que a victoria caía do noso lado, é dicir das Barreiras p`acó. Temos que saír alomenos tan motivados como no partido de ida.

A falta de imaxes puxen enriba unha das publicadas no blog do Cire, que por certo, xa superou as cinco mil visitas, noraboa Santi polo teu traballo por este clube, doble mérito se considermaos que vives en Palas, aínda que xa eres un melidao mais.
Blog do Cire.
Para acbar o capítulo fútbolistico, as categorías inferiores do Cire tamén disfrutaron do campo en sendos partidos amigables perante o Chantada e o Santiso, cadetes e xuvenís respectivamente. Sufrimos duas goleadas ante equipo de maior entidade e de ligas superiores. Destacar que os Cadetes foron campión da súa categoría e o ano que vén xogaran en Primeira Autonómica.
No fúbol sala seguimos terceiros a tiro de pedra da segunda praza que nos daría, malo será, o ansiado ascenso a Autonómica, a dupleta de adestradores Neira-Conde sege aspirando os obxectivos incicias, mágoa que os partidos como local os teña que disputar no veciño concello de Toques, debido os problemas que está a sufrir dende xanerio a nosa pista do pavillón municiapal, para quen non o saiba, instalouse unha pista de xeo sintética enriba da pista e o aceite que se botou na superficie para que esbararan as coitelas dos patins filtrouse na pista polideportiva (aínda que só esta pintada para fúbol sala) e ese aceite fai que ó único que se pode xogar agora é a manter o equilibrio e non romper unha perna.
Agardemos que os traballos de reparación con productos químicos dean resultados e senón pois que a empresa instaladora pague o pato e que se cambie de superficie, se pode ser parqué mellor que mellor.