terça-feira, julho 24, 2007

CONCERTOS INTERNACIONAIS NA VÍSPERA DO 25 DE XULLO.
Os que andedes hoxe por Melide tedes a oportunidade de asisitir a actuacións musicais multiculturais sen papgar un peso.
No 600: Leda and The Swan, rock alternativo dende Kiel, Alemania. Estan de xira por Galicia e se os queres escoitar podes entrar aqui, no seu myspace.
E no Gatos para rematar os concertos deste mes do Apóstolo , chega dende Birmighan (Gran Bretaña) un programa doble con ANIMALES DOMESTICOS, grupo de corte eminentemente instrumental que podería calificar de free jazz-rock psicodélico. Con batería galego na súa formación, moi coñecido nos ambientes automovilísticos galegos, de feito foi co-piloto do noso veciño Javier Anido e colaborou en ocasións ca escudería de Ferreiro, MOTOR MELIDE. Tras eles actuará o brasileiro MOISÉS DOS SANTOS E O MANGO TRIO, no que participan membros dos Animales Domésticos facendo unha mestura de rock, bossa nova e samba que darannos alas para toda a noite, viva a festa.
Verbas sabias de Nani.
Pois xa sabedes se non estades en Compostela vendo arder á Catedral non tedes disculpa.

quarta-feira, julho 18, 2007

CAMIÑANTES-TV
"Eu non te vexo facendo 30 km diarios" espetoulle David Husqvarna no video de presentación a Amiguete antes de marchar cara Roncesvalles para participar no concurso-reality da Galega, "O Gran Camiño".
Pois pese o pronóstico do creador do blog Intramuros Amigute andivo bastante ben pese as sempiternas ampollas. O problema foi que non andivo todo o que quixo xa que como moito de vos saberedes foi o segundo expulsado do programa. E hoxe mércores teremos a oportunidade de ver como sucedeu coa emisión da Gran Proba eliminatoria, e a eliminación en sí. Todo a partires das 22.00 na TVG. Sen dúbida, aínda que non sei como foi o conto, é unha inxustiza e como dixo el na segunda gala "sempre se van os mellores". Amiguete expulsado non poderá seguir andando o Camiño pero si que poderá polemizar e aportar moito dende o plató. E desto estou ben seguro.
Dende aqui unha aperta Amiguete e para nós xa gañaches fai moito....
Para quen non o vira aqui vos deixo o video de presentación de Amiguete..:

quinta-feira, julho 12, 2007

Outro fin de semana tremendo nos agarda,
VENRES 13 de Xullo
Às 10 h. no pavillón do actual Instituo de Melide, teatro a cargo do grupo CHARAMELA
Á 1 h. no Gatos dende Holanda e con acento galego na batería chega un grupo de tributo a BOB MARLEY: "DEAN CURTIS & THE EASY SKANKING" que nos farán pasar unha noite máis ca agradable a ritmo de reggae e cunha formación multiétnica e multinacional.
A mesma hora no 600, Cornelius funk-rock dende Vilagarcía con Andoni "chiquitín" ó baixo dende Vilagarcía.
O venres tamén inauguración do Pub "Clap" (onde estaba o BoBoa).
SÁBADO 14 de Xullo.
Este sábado 14 de xullo, o Concello de Melide acolle unha intensa actividade cultural.
A partir das 6 da tarde e ata as 10 da noite, haberá animación de rúa cos pasarrúas “Os quinquilláns”, a banda de gaitas “A Mazaroca” e o cuarteto de música tradicional “Sanfonhía”.
Ás 9 da noite, na igrexa parroquial, terá lugar a actuación do coro “Solo Voces”
Finalmente, ás 10 da noite, nas pistas deportivas do Edificio Multiusos, o grupo máis emblemático da música galega, Milladoiro, ofrcerá un concerto que promete emocionar a todos aqueles que sintan a música do noso país.
Con motivo do concerto de Milladoiro este venres despois das 19.00h en Radio Melide haberá unha edición especial de "A Hora amiga" con entrevista incluída a Pepe Ferreirós, membro fundador e músico de Milladoiro.
Á 1.00 h no Gatos, ITH, grupazo das terras de Boimorto e Xanceda (Toxo, Folgueira, Miguel e Pablo), que estrearan vocalista nesta actuación (Manuel de Teixeiro).
Inauguración da discoteca-teatro Palladium (antiga Scorpio-Bule Bule-Xanadú-Zoe etc etc), con Misses e Místeres.
15/16/17 Festa do Carme en Melide e Arzúa etc etc.
Veña pasádeo ben e con sentidiño...

sexta-feira, julho 06, 2007

E VAI VINDO O VRAU....
E con el mais concertos, mais festas, mais deporte, en definitiva mais de todo.
Cargade as pilas porque esto promete.
Como ben sabedes, moitos dos que ledes esto estaredes por alí, este fin de semana é o Festival de Ortigueira, o festival ó aire libre con mais concurrencia do Estado.
Outros paisanos han de andar por Iruña-Pamplona a voltas co San Fermín, pasádeo ben e "be careful with the bulls..."
Outros irán a Sabucedo a Rapa das Bestas, e así infinidade de historias.
Para os que andedes por aquí hoxe venres 6/7 no Gatos estarán os Extridentedes dende Rodeiro, rock kambote, e no 600 nada mais e nada menos que a banda de rock do actor
galego mais laureado, The Ellas (Di elas) con Luís Tosar e Piti Sanz á cabeza deste combo que fai versión de clásicos interpretados por mulleres.
E mañán sábado 7 às 19.00 h no campo de fútbol de Melide, Cire-Casa de Galicia de Bilbao.
Un partido entre o Cire e o equipo dos fillos da emigración galega en bilbao que este ano veñen de facer unha gran campaña. A Casa de Galicia en Bilbao disputou en anos pasados mais partidos coma este contra o Lalín, o Celta, o Vizoño etc.. Como podedes ver na foto da dereita visten a elástica a modo de bandeira galega.

O próximo sábado 14 (revíspora do Carme) Os Quinquilláns e Milladoiro en Melide dentro do programa cultural da Xunta, "Vai de Camiño".
Deixovos tamén a programación do Gatos que me enviou Nani para este mes de xullo.
Aquí. esperando a ver si chega o verán, estamos na reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide). E coma sempre veña ou non veña rocanrolaremos todo o mes con:

Venres 6, dende Rodeiro EXTRIDENTES, banda formada por ex-membros dos KAMBOTES, entre eles o seu líder, guitarra e compositor: Jaime, presentando este novo proxecto no que non faltarán versións do histórico grupo da Terra da Camba xa desaparecido.

Venres 13 dende Holanda e con acento galego na batería chega un grupo de tributo a BOB MARLEY: "DEAN CURTIS & THE EASY SKANKING" que nos farán pasar unha noite máis ca agradable a ritmo de reggae e cunha formación multiétnica e multinacional.

Sábado 14, que podo decir deste grupo, son os inimiitables, os auténticos, os rocanroleiros máis enxebres de Galicia, son simplemente ITH, GRANDES COLEGAS, GRANDES MÚSICOS E SOBRE TODO GRANDES PERSOAS, pos virán a pasar unha noite de festa connosco presentando o seu derradeiro fichaxe, "Manuel" de Lony (Teixeiro) que dende fai pouco encárgase de poñer voz a estes temas que xa forman parte do acerbo popular...Veñen a por min, veñen a por min...formigas e arañas..etc....

Venres 20 dende A coruña e con ritmos stonianos voltan por 2ª vez a esta reserva india THE CADS, liderados polo sempre espectacular Pablo Barros.

Martes 24: E para rematar os concertos deste mes do Apóstolo e polo tanto da Patria Galega, chega dende Birmighan (Gran Bretaña) un programa doble con ANIMALES DOMESTICOS, grupo de corte eminentemente instrumental que podería calificar de free jazz-rock psicodélico. Con batería galego na súa formación, moi coñecido nos ambientes automovilísticos galegos, de feito foi co-piloto do noso veciño Javier Anido e colaborou en ocasións ca escudería de Ferreiro, MOTOR MELIDE.
Tras eles actuará o brasileiro MOISÉS DOS SANTOS E O MANGO TRIO, no que participan membros dos Animales Domésticos facendo unha mestura de rock, bossa nova e samba que darannos alas para toda a noite, viva a festa. Esto será o Martes 24, víspera do día da Patria. Coma sempre os concertos serán a partires da unha da noite e ca entrada totalmente de balde.
Graciñas a tod@s, saúde, sorte e moito r´n´r. Na
ni