sexta-feira, fevereiro 29, 2008

EN BREVE...
Vou facer un avance de próximas entradas: reportaxe da Selección Galega en Vigo (decembro 2007)e do antroido (febreiro 2008).
Melide volveu estar coa selección, desta volta en Balaídos:

O martes de antroido houbo "tractorada":

O luns de antroido "O Lar" foiche un circo:

A doble E (E.E) : Espiñeira-Eugenio. Danger, danger¡¡¡

quinta-feira, fevereiro 28, 2008


AXENDA
Deporte: Sábado.- 10.30 h. Categoría infantil no campo municipal de Melide, Cire de Melide-E.D. Arzúa, ás 16.30 h. Cire-C.Santás categoría de veteranos. Ás 17.00 h. no pavillón municipal da Martagona, Melide Fútbol Sala-M.Jogafán de Ordes, trascendental partido para permanecer na división Autonómica.
Domingo., ás 10.30 h. Categoría cadete no campo municipal de Melide, Cire de Melide-Dorneda de Oleiros, ás 16.30 h. categoría senior, Cire de Melide-Boimorto C.F., importante partido para o Cire que de gañar tería moito andado para amarrar o segundo posto xa que son cinco puntos os que lle leva o Boimorto, terceiro clasificado.
Música ao Vivo.- Venres no Pub Gatos: " Poucas veces houbo concerto por esta data no Gatos, máis que nada porque este ano é bisiesto e cadra o derradeiro día o venres, creo recordar que non houbo ningún en once anos, non o sei fixo. De todas formas é boa data para recibir por segunda vez ós nosos admirados HEISSEL, que co seu pop psicodélico farannos pasar unha noite inesquencible." comentanos Nani.
Se queredes escoitalos este é o seu Myspace.
Non esquecerse de que este fin de semana tamén é a XXXIII Festa do Queixo con numerosisimas actividades, as mais destacadas: o sábado concerto a partir das 21.00h de Muchachito Bombo Inferno, Mala Rodríguez e Triángulo de Amor Bizarro.
O domingo folk con Malvela, Vaaamonde Group, Arrás e o retorno da mítica Medley Band.

terça-feira, fevereiro 26, 2008

O BLOG DE PÁJARO (Playboy das cunetas).Antes de facer este post pregúntome a min mesmo: ¿Poderei vivir sin Pájaro, cibernauticamente falando?, a resposta plantexame moitas dúbidas, vou tentar de esquecelas ollando o último video do Youtube desa serie onde o melidado-visantoñés-herculino será o protagonista, Oculta Identidade. Estreo mundial o vindeiro 11 de Marzo.

segunda-feira, fevereiro 25, 2008

COMO NON, "THE BIRD ....AGAIN"
Esta entrada adícolla a Chopi xogador arzúan de Melide Fútbol Sala que lle comentou a Pájaro que tiña que pedir dereitos de autor por saír tanto neste blog. Non lle falta razón a Chopi, cando non hai inspiración tiras do "patillas" e amañado.
Voltamos logo a aqueles capítulos de clases de fútbol, hoxe toca...CAPÍTULO III.A BICICLETA.
"A bicicleta é unha sorte dentro do amplo mundo do regate que consiste en enganar o contrario pasando as pernas por riba do balón e confundindo así o noso opoñente" comentanos David. Grandes futoblistas dominaron esta técnica por exemplo o extremo esquerdo do Madrid das seis copas de Europa, Paco Gento ou un dos catro mellores da historia deste deporte, o holandés Johan Cruyff. Mais recentemente os brasileiros Denilson e Robinho e o luso Cristiano Ronaldo son os que mais a cotío a empregan.
Como curiosidade en Sudamérica coñecese como Bicileta ó que nos coñecemos popularmente como Chilena ou "Tijereta".


Na figura 2.0, Baby fai de figurante.(paquete, sparring), e tanto lle molestou que Pájaro o vacilara que sentouse no banquiño e nin mirou para el.

As imaxes son do 7-10-07, no partido de ida contra o Vilarmaior, aqui tedes tamén un video dunha "pedalada" de Robinho no meu equipo de Brasil, o Santos, unha cidade preto de Sao Paulo.

WACHOS¡¡¡
Súmome ,un pouco tarde ,a iniciativa de Fandiño que fai no seu blog, a prol da votación como candidato a Eurovisión-2008 dos ourensanos Los Wachos. O link da páxina picando aquí.
Wacho Wacho

Añadir a mi perfil | Más Videos

quarta-feira, fevereiro 20, 2008


CASTRO AND THE OCTOPUSS TO PARTY
Sen dúbida a noticia internacional das últimas horas é a renuncia por enfermidade de Fidel Castro como máximo mandatorio de Cuba. Tódolos medios se fixeron eco da noticia, e hoxe ollando un deles, La Voz, fixeime nunha retrospectiva fotográfica da vida do dirixente caribeño. Chamoume a atención unha das fotos da visita de Castro a terra do seu pai en Láncara (Lugo) aló polo ano 1992. Despois de vela casa paterna organizouse unha comida na aldea e na foto en cuestíon Fidel sostén un rabo de pulpo (ou polbo, como queirades). Aínda que se aprecia mellor na foto do periódico que na do formato dixital que poño aquí, na mesa que está a súa esquerda figuran uns cantos pratos de madeira (normalmente de pino ou amieiro) coas inicias marcadas a lume: E.P. Para un melidao este acrónimo só pode significar unha cousa: Ezequiel Parrado. Así que na visita de xullo do 92 que a min vénseme o acordo polo paso acelerado pola Nacional 547, dos potentes coches negros da comitiva galego-cubana escoltados pola garda civil e un helicóptero, que viñan de Lavacolla e se dirixían a terras da comarca lucense de Sarria, dalgunha maneira tamén estivo presente Melide da mao do prato polo que nos coñece media humanidade, o "pulpo á feira". Non vos podedes imaxinar a cantidade de xente de "alta alcurnia" que pasou polas mans de Mercedes de Ezequiel.

sexta-feira, fevereiro 15, 2008


AXENDA
Hoxe venres, no pub Gatos, estará a nova banda dos ex-Caimán do río Tea, "Capitan Furilo".
Presentaran no garito do Nani o seu primeiro traballo "Pop?". Coma sempre o mesmo gat-horario habitual. Os que medrastes con "Estou na lavadora" tedes unha cita hoxe cos de Ponteareas. Myspace:Furilo
Mañán sábado e pasado domingo desenrolarase no Pazo de Congreso e Exposicións (antigor recinto feiral) a I Feira de Oportunidades de Melide, organizada polo Concello e as duas asociacións de empresarios e comerciantes. Nesta feira poderedes atopar productos de calidade a un prezo reducido.
No plano deportivo, os rapaces do Melide Fútbol Sala disputarán ás 17.00 h no pavillón da Martagona outro derbi desta volta perante o Servicios Iglesias Friol, agardemos que os tres puntos queden na casa.
No fútbol, catro das cinco categorías do Cire xogan na casa, empezan os Infantís ás 10.30 da mañán contra un rival dos postos medios ,o Laracha, tremenda a campaña que estan facer os rapaces maxistralmente dirixidos por Rubén Lodeiro.
Os Xuvenís xogaran as 16.15 contra o Larín desexosos de dar unha victoria a afección azul,e ás 20.15 visitará o campo municipal melidao o Stradivarius Brión que se enfrontará ó Cire de Veteranos.
O domingo pola mañán os Cadetes do Cire viaxarán ó Burgo, e pola tarde, ás 16.15 o primeiro equipo do Cire xoga na casa contra o Encrobas de Cerceda.

quarta-feira, fevereiro 13, 2008


FIZ EN THAILANDIA.
Facendo un repaso polos sempre interesantes blogs amigos, teño a obriga de recomendarvos que visitedes o blog de Fiz, xa que o irmán de Amiguete anda traballando para unha ONG aló polas lonxanas terras de Tailandia. Non vos perdades s crónicas que o Tío Mac envía dende aló, xa que rebosan de emocións e descreben as impresións que lle provocan o choque de culturas entre oriente e occidente. Metido de cheo na realidade do país de Siam, cando rematas de lelo sentes no teu lombo a súor que che provoca a calor húmida do sudeste asiático.
Se entrades no blog de Josiño veredes que a súa cadela trouxo descendencia e se queredes algún exemplar da camada só tedes que pedirllo. El darávolo non a cambio de cartos, senón a cambio de que lle proporcionedes o cariño necesario ó cadeliño. Dádevos presa se o queredes, porque só lle queda un cánido.

terça-feira, fevereiro 12, 2008



BALAS PERDIDAS
Así se chama o último proxecto radiofónico amateur de Radio Melide que se está emitindo tódolos martes de 19.00 a 21.00 h.
Jesús Rguez Pazo, Aceiteiro, é o creador deste espazo que el define "como a oportunidade de escoitar na radio a "balas perdidas da música que non se escoitan nas radiofórmulas convencionais",dende Frank Zappa a ska xamaicano, dende David Bowie o primeiro disco de jazz galego, etc etc. A arquitectura do contraste, doutrina pola que se guía Suso para facer o programa envolve dende xaneiro as ondas da radio pública nas tardiñas dos martes. Un oitenta por cento da música que se dispara no programa provén dos deliciosos discos de vinilo da extensa fonoteca de Suso. O e-mail para contactar co programa para calquer cousa é: balasperdidas008@yahoo.es. xa sabedes codiado coas Balas Perdidas¡¡¡¡
PD: Dial de Radio Melide: 107.1 fm.

segunda-feira, fevereiro 11, 2008


RAZA CAMPIONA
Meu veciño, e sen embargo amigo, Juan de Rial (tamén coñecido como Merendas ou Montañés) é un apaixonado dos animais e xa tivo especímenes de toda clase (por exemplo as pitas de Mos que valeron incluso para dar nome a un equipo para o campionato de inverno de fútbol sala de Toques). Unha das últimas adquisicións de Rial foi unha cadela de raza "Pastor dos Pirineos" . Carla ,que así se chama , levou o premio: 1º-Excelente-Clase-Joven no 68.ª Encontro Canino Internacional do Norte, en Oporto.
Esta cadela foi mercada na Gándara de Barrantes en Tomiño é promete ser unha femia criadora espectacular.
Un día temos que falar con mais calma de Juan, xa que entre cousas é campión galego de hípica na modalidade de Andadura en dous tempos no ano 2002 coa recordada egua Rula, no 2003 e no 2004 rematou segundo. Outro xinete destacado nesta competición é Franciso Porto Parrado, Paco ou Chicho como queirades, que tamén tivo os seus éxitos, o mais recente o subcampionato o ano pasado montando a "Lóstrego".

TRES DE MUROS E UN DE MELIDE...
Si hai un persoeiro que non nos deixa de sorprender nos últimos tempos non é outro que o sinpar David Pájaro. Xa sabedes que anda a grabar como protagonista a primeira serie galega que se emitirá somentes en internet. Tamén sabedes que xoga no Cire e que incluso a principios de temporada protagonizou uns capítulos (que hai que volver retomar) de técncia balompédica que se publicaron neste espazo, pois ben agora Pájaro montou un grupo de ska-punk con tres rapaces de Muros. Empezaron en outubro de 2007, ensaian na Zapateira e xa están no "Myspace" cun contaxioso tema: "Ata reBentar" grabado con poucos medios nun Pc. O nome do grupo non ten desperdicio, "Skaiola Borrokal". A carreira mediática deste home ten pinta de que vai ser mais longa aínda que as súas poboadas e peliroxas patillas. ADELANTE PÁJARO¡¡¡
Link:skaiola
VÁZQUEZ PINTOR
Leo no blog de Busto: Aquam latam (auga levada) que a Asociación de Escritores en Lingua Galega outorgará a Letra E este ano 2008 ó escritor melidán Xosé Vázqez Pintor. A Letra E sumarase a outros galardóns como o Eduardo Pondal, o Ciudade de Ourense, Esquío, Uxío Novoneyra, Carvalho Calero, Torrente Ballester e ata o Premio da Crítica Española que este profesor afincado en Pontevedra leva conquerido ata o momento.
Aínda que naceu en Melide, Vázquez Pintor está moi vinculado a Agolada onde é partícipe de todo tipo de iniciativas, tanto sociais como culturais.
O acto de entrega será en Melide o vindeiro 7 de Xuño de 2007.
Supoño que elixirían este día porque é a efeméride da data na que saíu do prelo o primeiro exemplar do noso libro de cabeceira, o "Terra de Melide" editado por Nós e realIzado polo Seminario de Estudos Galegos no ano 1933.
Teatro, narrativa, literatura infantil, poesía, etnografía, ensaio....son só algunhas das facetas que destacan no currículum deste melidán que reside acutalmente nunha aldea de Cangas do Morrazo. Noraboa.

sábado, fevereiro 09, 2008


ARZÚA F.S-JIM SPORTS MELIDE F.S, A REVANCHA
Tarde, mal e arrastro , aleccionado e picado polos "ultras" arzúas, León e Rial, infórmovos de que hoxe sábado ás 17.00 h no pavillón de Santa María de Arzúa (preto do Fire Department comarcal) disputarase un derby "en la cumbre", o anfitrión, Concello de Arzúa F.S dirixido por J.Carlos "Gogó" Xeira, versus (está pechado) o Jim Sports Melide F.S adestrado por Baby. Reseñar que será especial para Chopi, xogador arzúan do Melide, que se enfrentará ó seu irmau Núñez na sua terra, no partido de ida Chopi marcou e non vai ser menos en terras do queixo. Pronóstico para o partido 4-5. Gol de Nando no último ninuto. Que saibades que no partido de ida apostei por un 2-5 e foi un 2-6, a ver si fora certo e nos alonxamos mais dos postos de descenso.
Como apunta Rial nos "comments" mañán domingo inaugurase oficialmente o Campo de Fútbol do Viso en Arzúa cun enfrontamento entre os veteranos do Celta e do Dépor no horario intempestivo pero necesario, das doce da mañán. Co bo e inusual tempo que está a facer estes días non sería raro ver o Viso a reventar, a ocasión ben o merece.
Xa que falamos de Arzúa, xa temos o cartel do Queixo 2008, que será o primeiro fin de semana de Marzo. Sábado, La Mala Rodríguez, Muchachito Bombo Infierno e Triángulo de Amor Bizarro, o domingo folk con Malvela e Pepe Vaamonde Grupo.
Atención pregunta: Que vos parece o cartel, e que vos parece o cartaz?