quinta-feira, março 12, 2009


Máñá Venres 13 na Sala 600, Festival Internacional de Death-Metal. MELIDEATH
Na noite do 13 de Marzal celebrarase, na Sala 600 de Melide (A Coruña) ás 23:00h, o ritual de Black Metal chamado "Melideath Fest", organizado por Nigra Mors Prod. e Final Embrace Recs. As hordas invocadas para propaga-lo caos e ergue-lo inferno serán:

DRENGSKAPUR - Black Metal (Alemaña)
INFERNAL KINGDOM - Black Metal (Portugal)
BALMOG - Black Metal (Galiza)
BLACK GOAT - Black/Thrash Metal (Galiza)

Expandide a plaga...

E este finde FESTA DO QUEIXO e RALLYE DO COCIDO DE LALÍN, coa participación como coche 0 (o que abre o rallye) de Ferreiro e Anido co espectacular Porsche 911 SC.
Tamén participaran tres coches mais baixo o abeiro da escudería MELIDE MOTOR SPORT:
Coto e Martín co 206 competindo no Voltante RAAC do que se espera unha boa clasificación.
Charlye e Jordan co 205 ralye intentarán acadar un novo na súa cateogoría como xa fixeron no Rallye da Ulloa.
E por ultimo os de Rodeiro Manuel López/Manuel González competin cun Sierra Cosworth, moi vencellados a escudería melidense.
SORTE A TODOS.

quinta-feira, março 05, 2009

RÍA DE FURELOS


antroido

Pica na imaxe de arriba para ver a galería fotográfica.

RÍA DE FURELOS
Como moitos de vos sabedes, un grupo de amigos "enrolámonos" este Antroido no barco-atuneiro "Ría de Furelos".
Baixo a dirección e o traballo constante de Emilio de Priorada (a este home ándalle máis a cabeziña que o almanaque)alma-máter do proxecto e coa colaboración de Alberto, Pepe, Mateo, Miki, Susiño, Miguel, Puncho, Josu, María, Yara, Eva, Amiguete, Coche, Peque, Albino, Capi e un servidor (creo que non esquezo a ninguén) déusenos por "tunear" un Ebro Super 55 azul, tractor mítico onde os haxa.
Tres semanas de traballos polas noites deron o seu froito e o 21-2-2009, sábado de antroido, e o Astaleiro Góimez facía a botadura da embarcación pesqueira.
Mulitude de anécdotas, tanto no proceso de montaxe como nos días de singladura polas rúas melidenses(sábado e martes de antroido), e as do Concello de Ordes (localidade a que nos desprazamos o pasado sábado de piñata para participar no seu concurso de antroido).
Entre outras, por exemplo, a do sábado cando as once da noite nun bar, dous parroquianos están tomándolle algo, e un comentalle a outro, -Ostia Manolo, haí un barco ahí fóra, contestación do compadre, -Pepe, xa vas cheo ¡¡¡
O sábado da botadura baixabamos Ronda da Coruña embaixo a bastantes nudos, e os rostros de feliciade da tripulación eran notables, todo se troncaba cando case á altura do cruceiro, un cable da batería ardía facendo unha fumarada digna do 25 de xullo na catedral, o patrón Emilio co contramestre Alberto arranxaron o problema cunha chamada de móbil e o seu saber facer cum-laude.
Pasámolo como ananos e aínda por riba gañamos os concursos da Palladium, o do martes do Concello na praza das Coles e o do Concello de Ordes.
Enriba tedes unha pequena escolma fotográfica do proceso de montaxe e das "mareas" que fixemos por Melide.
PD: Destacar neste antroido, coma sempre, a comparsa de Enrique do Aseo -alias Napoleón- , e os de Visantoña, sen dúbida unha das parroquias mais festeiras da contorna, que trouxeron todo o espectáculo do carnaval de Bahía da man de Carlinhos "Visan" Brown, despois do pregón, da queima do antroido na praza das Coles e da entrega de premios, lanzámonos nun desfile espectacular improvisado polas rúas melidenses coa xente de Visantoña, os "franceses", o "tren" e os "pitos" exprimindo ata o último minuto o antroido 2009.





terça-feira, março 03, 2009

POST-DON CARNAL
Boas a tod@s¡¡¡¡, volvo, por enésima vez, a facer próposito de enmenda e tentar actualizar o mais posible este humilde blog.
Hoxe adiantavos que os vindeiros "posts" estarán relacionados co Antroido´09 e en particular co "estribillo" que armamos para esta festa tan sinalada no almanaque festeiro do país.
Aproveito de paso para recoméndarvos unha web (é de ben nacidos ser agradecidos), trátase de CireCafetería.com, páxina feita con patrocinios pola empresa pubyfiesta.com, creo que o Big Ben tamén ten unha dese estilo.
Bueno pois iso , que en breve (o máis posible) téredes fotos da nosa "singladura" polo pasado carnaval.
Un adianto: