sexta-feira, abril 24, 2009


Este video mandóumo por mail Manuel Varela e aquí volo deixo para que o disfrutedes.
FIN DE SEMANA MUSICAL
Mañán a partir das doce da mañá a zona dos viños será un fervedoiro co concurso de cantos de taberna onde participaran os seguintes grupos:
RONDALLA MORAIMA (Arzúa), AXÓUXERE (Melide),SOBREIRAS DO ULLA (Touro) ,ALÉN DO MAR (Bergondo) ,GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso) ,TRALLA 101 (Melide) ,BINGO BIRÓN (Toques) ,MAGHÚA (A Coruña) ,BICO DA BALOUTA (Agolada),REVIRAVOLTA (O Pino),CHARAMELA (Antas de Ulla), andaremos por alí e daremos cumprida conta do que alí aconteza.
E omo aperitivo a Foliada hoxe no 600, concerto do grupo madrileño Alameda Osoulna , mestura de estilos con moito vento, pero mellor e que o comprobedes por vos mesmos,
myspace de Alamedaosoulna
no Gatos hoxe Doctor Harapos e mañán ás 12 da noite CONCERTO SORPRESA (MedoMeda (o grupo de Markinhos Drinkin, o do iogur de fresa e dos Drikin Tinto) e non sei que Me Da que ven o grupo mais punki da parroquia compostelana de Arins, non sei non sei .... disco novo ... , xa vos contarei.
Escoita a Medo Meda

terça-feira, abril 21, 2009


V FOLIADA DE MELIDE

Este fin de semana Melide volta ser o Cerne da música tradicional galega, chega a V Foliada de Melide, este ano con novidades, será dous días (sábado e domingo) e como gran innovación o sábado ao mediodía celebraráse o I Concurso de Cantos de Taberna na zona dos viños, espertaran ao pobo os Treboeiros de Muimenta cu auténtico lampión atronador saido dos seus bombos xigantes, seminarios, obradoiros, mostras, títeres, marcha gaiteira, serán, e acutacións entre outros de Xarín e Mini e Mero, + info detallada picando na imaxe de abaixo:

Noraboa aos organizadores, doble traballo este ano pero merecerá a pena, seguro, o dito parabens rapaces, ah e por suposto que non falte ninguén ¡¡¡