sexta-feira, novembro 05, 2010

POR AQUÍ ME ANDO
Moi boas a tod@, como poidestes comprobar este blog, por desgraza, estase contaxiando do que pasa no país, ESTÁ PARADO.
Hoxe vou "postear" de novo que me apetece e vouno facer saúdando a todos os que seguistes, agora cada vez menos obviamente, este espazo dende fora de Melide, e dende fora de Galicia, que sei que sodes moito. Dende Xenebra, Gèneve, non Larios, London, Bcn, Andalucía, Valencia, Bilbao, por suposto Madrid etc. etc.
Agora onde ferve a actualidade cibernética melidense é no Facebook, e os mais novos no Tuenti, é o que hai, aínda así aproveito esta entrada para colgarvos un video dunha campaña publicitaria que ten como máxima protagontista a unha melidá de pro, Marta Landín, e a verdade é que saen moi guapas, as duas, mirade o video e entenderédesme ¡¡¡