quinta-feira, julho 08, 2010

Nos recunchos da rede sempre se atopan sorpresas agradables coma esta curtametraxe, transcorre no noso monte Olimpo, O BOCELO, non ten desperdizo.
Fasildo, canso da cidade, decide facer unha viaxe ao campo. Quere poñer en orde a súa vida e pon rumbo cara a cova da serpe, lugar de onde escoitou moitas lendas na súa xuventude. De camiño encontrará moitos obstáculos, enganos da tecnoloxía moderna, dificultades ás que terá que poñer fin de unha ou de outra maneira. Nesta súa travesía tamén coñecerá novos amigos que farán que se decate do senso da súa existencia, chegando á conclusión de que o importante non é o destino senon a propia viaxe.